Quen somos

Benvidos,

estades na casa onde cada día os soños teiman en facerse realidade. E nós, coma vós, somos dos que saímos a buscalos. Todo comezou na cidade da Coruña en 1981. O noso primeiro fogar foi a rúa Mariana Pineda (na zona dos Mallos-Estación). A mediados dos noventa mudámonos apenas uns metros para a que aínda é hoxe a casa da Millonaria: Ronda de Outeiro, 120.

En todo este tempo tivemos a a sorte de poder repartir premios moi grandes (como foron os gordos da Lotaría Nacional en abril de 1986 e novembro de 1991 ou unha primitiva selada en 2004 e premiada con máis de 1.360.000€), mais sobre todo de compartirmos milleiros de alegrías diarias.

Con esta administración virtual queremos dar un paso máis para seguir levando a ilusión ata calquera lugar no que vos atopedes. Esa é a principal misión do web, un punto de encontro para a gran familia da Millonaria.

 

0 €As miñas apostas
Acceso de usuarios

Inicia sesión coa túa conta de Facebook

Ou ben coa túa conta de usuario