23 de Setembro de 2020
12:27
Atención ao Cliente981 242 763
Accede á túa conta
Introduce o teu nome de usuario e contrasinal para acceder á túa cuenta
0
0 €
Axuda
1. Debo rexistrarme para utilizar os servizos do web?

Non é imprescindíbel estar rexistrado no noso sistema para poder utilizalo, aínda que si moi recomendábel.

Asegúrese de que todos os seus datos sexan correctos xa que que en caso dalgún premio maior, deberemos comprobar a súa identidade.  

 

Pode rexistrase introducindo os seus datos na nosa páxina, ou a través de Facebook premendo no botón correspondente.

 

É obrigatorio ser maior de idade, así como aceptar as nosas condicións de uso e a nosa política de privacidade.

 

rexistro cliente a millonaria axuda

 

Se desexa recibir información acerca de novidades (recomendado), non esqueza marcar este recadro

 

recibir informacion rexistro a millonaria axuda

 

Por último, faga clic en "FINALIZAR", e xa estará vostede rexistrado/a. Moita sorte!

 

 

2. É seguro xogar en amillonaria?

Xogar connosco é seguro, aválannos 40 anos de boas prácticas; amillonaria.gal é unha páxina segura (https), e os boletos e décimos gárdanse inmediatamente despois de seren validados na nosa caixa forte; unha vez celebrados os sorteos, comprobamos rápidamente os teus xogos e os posibeis premios ingresámolos na túa conta virtual.

 

Xogando con nós non tes que facer cola nin corres o perigo de que che caduque ningún premio esquecido na carteira. Os pagos con tarxeta fanse a través do TPV virtual do Banco Santander.

3. Como podo participar nos diferentes xogos?

Na nosa páxina web poder participar en A PRIMITIVA, EUROMILLÓNS, BONOLOTO, GORDA DA PRIMITIVA, QUINIELA, QUINIGOL, e en todas as modalidades de LOTARÍA NACIONAL, así como nos xogos asociados JÓKER (primitiva) e ELIGE 8 (quiniela).

 

Para participar nos diferentes xogos debes premer no botón correspondente ao xogo que desexas (na versión escritorio están no menú superior). Unha vez que estás dentro do xogo, tes que marcar os teus números manualmente ou de forma aleatoria, escoller as datas nas que queres xogar, e, unha vez elaborada a túa aposta, pulsar no botón VALIDAR APOSTA.

 

axuda cubrir apostas

4. Que formas de pago son admitidas?

Son dúas:

                 1º Podes pagar no mesmo momento de facer a túa aposta coa túa tarxeta bancaria a través do noso TPV Virtual, que conta con todas as garantías de seguridade. É a maneira máis cómoda e rápida, xa que o noso sistema verifícao inmediatamente.

                 2º Podes realizar unha transferencia bancaria á nosa conta para acrecentar o saldo da Conta Virtual que tes neste sitio web. Esta forma de pago non é inmediata, o noso sistema pode tardar ata 72h en verificalo; a confirmación das túas apostas retrasarase o mesmo tempo.

                3º A terceira modalidade de pago que poñemos á túa disposición é facelo a través da aplicación BIZUM

                4º Tamén podes facer un ingreso de efectivo na túa Conta Virtual de usuario no noso local situado na Ronda de Outeiro, 120 da Coruña. Só tes que solicitalo na xanela de atención ao público.

 

*Podes recuperar os cartos que tes na túa Conta Virtual en calquera momento. Só tes que solicitalo seguindo os pasos que che indica o noso sistema e transferirémoschos á conta bancaria que nos indiques (mínimo 3€). Amillonaria.gal non cobra, en ningún caso, ningún tipo de comisión.

5. Como se confirma a miña participación nos xogos?

No momento no que validas unha aposta ou mercas un décimo, o sistema enviarache un correo electrónico no que te informa de que o sistema admitiu a túa solicitude; posteriormente recibirás un novo correo onde se confirma a túa participación no xogo e onde se che achega tamén a imaxe do teu boleto ou décimo; este segundo correo electrónico é o certificado da túa participación nos diferentes xogos que tiveras escollido.

 

Se o pago o fas coa túa tarxeta bancaria ou se tes saldo suficiente na túa Conta Virtual, o tempo entre o primeiro correo e o segundo pode ser unha  ou dúas horas aproximadamente.

Se decides pagar mediante transferencia bancaria, a recepción do segundo correo ou certificado de participación pode adiarse ata tres días, xa que os diferentes bancos tardan un tempo variable en comunicarnos as transferencias.

O noso consello é que manteñas sempre saldo suficiente na túa Conta Virtual (lembra que podes recuperar os teus cartos en calquera momento), ou que fagas os pagamentos coa túa tarxeta bancaria. 

BOTE130.000.000 €
Venres, 25/09/20
Xogar Agora!
BOTE6.700.000 €
Xoves, 24/09/20
Xogar Agora!
BOTE5.000.000 €
Domingo, 27/09/20
Xogar Agora!
Xogar Agora!
BOTE1.900.000 €
Domingo, 27/09/20
Xogar Agora!
BOTE35.000 €
Domingo, 27/09/20
Xogar Agora!
EN PREMIOS30.000 €
Xoves, 24/09/20
Xogar Agora!
Amillonaria.gal
Xogos e Apostas
Medios de pago
Web 100% seguro
Xogo responsábel
+18
Admón de Loterías nº 17
La Millonaria Loterías S.L.
Ronda de Outeiro 120 Bajo
15007 A Coruña
B70373857
Atención ao Cliente981 242 763
© Gadmin.es Os logotipos de xogos e lotarías utilizados neste web son propiedade da Sociedad Estatal de Loterías y Apuestas del Estado (SELAE). Este web só fai uso de eles a modo meramente identificativo para falicitar a elección e selección do apostante
Accede á túa conta
Introduce o teu nome de usuario e contrasinal para acceder á túa cuenta

Inicia sesión coa túa conta de Facebook

Ou ben coa túa conta de usuario